Sunday 28 de April de 2024

Máis de 250 persoas participaron na nova edición do Descenso do Ulla en Piraguas


 

Máis de 250 amantes do deporte acuático participaron onte nunha nova edición do Descenso do Ulla en Piraguas. Esta iniciativa, desenvolvida de xeito conxunto polos municipios Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces.

As persoas participantes procedían principalmente dos tres municipios participantes e tamén da bisbarra. Todas elas reuníronse na área recreativa da Ponte Ledesma para recoller cadansúa piragua e iniciar o percorrido de 10 quilómetros a través do río Ulla cruzando os tres concellos do Val do Ulla. Dende esta zona, as piraguas pasaron polas Illas Gres para despois trasladárense á área recreativa de Vilanova, onde finalizarían este percorrido.